Poñer a lavadora é deixar estéril a unha balea

Así é, preocupámonos por reciclar, por aforrar auga, e incluso por non contaminar tanto a atmosfera, pero, sabedes que poñer unha lavadora, podería significar a contaminación de gran parte do océano e a morte de moita fauna mariña?

Sí, acertaches, as culpables son as microfibras, estas, despréndense na lavadora de forros polares e outros tecidos sintéticos e rematan no mar, ou aínda peor, no estómago e pulmóns de algúns seres vivos mariños. As microfibras forman unha gran masa de lixo mariño que pasou desapercibida durante décadas ao seren tan pequenas, pero das cales os científicos están a tomar conciencia, tanto do seu impacto como das súas consecuencias. ” Ao redor do 85 %  dos materiais de orixe humana que atopamos nas costas son microfibras ” afirma Nicholas Mallos, director do programa de lixo mariño de Ocean Conservaty.

Ahí tendes unhas microfibras vistas ao microscópio:

As investigacións realizadas polo National Center for Ecological Analysis and Synthesis (NCEAS) indican que as microfibras, despois de entrar aos pulmóns e aos estómagos dos animais mariños, pasan directamente ao torrente sanguíneo, afectando así, por exemplo, ao sistema inmunolóxico destes.

Outro problema engadido, é que as fibras van impregnadas de produtos químicos que son altamente letais. Unha ecóloga mariña, do Instituto Español de Ocenografía en Baleares, Salud Deudero, explica que estes produtos químicos poden causar alteracións no sistema endocrino dos peixes, xa que descontrolan as hormonas sexuais, “isto pode provocar problemas de fertilidade e incluso cambios de sexo nos peixes” asegurou. Estes filamentos soen flotar na superficie, polo que os animais que máis perigo corren son os que alí se alimentan, os máis comúns: as baleas, algunhas aves mariñas e os bonitos.

Ademáis das microfibras, os humanos desperdiciamos moítisimos residuos plásticos de gran tamaño que rematan no mar, e que contaminan tanto ou máis que as microfibras, estes teñen algúns efectos moi perxudiciais aparte dos xa mencionados, por exemplo, ao ser máis grandes e máis pesados, depositanse no fondo oceánico impedindo o intercambio de gases deste e facendo que haxa menos osíxeno na auga.

Xa dixémos que os animais mariños inxerían microfibras, pero, que pasa cos plásticos grandes?, pensaredes que non os comen porque son visibles, pero non é así, os animais, confundes as bolsas, os tapóns, as latas … con comida, e ao inxerila, morren asfixiados ou contaminados polos químicos que levan.

É tanto o que contaminamos que nin nos damos conta, unha gran proba do inxustos que estamos a ser co mar é a chamada “Isla basura” ou “o 7º continente”. É unha zona situada no centro do Océano Pacífico, na cal se acumularon máis de 750.000 trozos de plástico por kilómetro cadrado. Estímase que os vertidos que a formaron proveñen: un 80% da terra, e un 20% dos barcos, eso sí, sempre de humáns, os grandes destructores do océano.

Para que vexades gran parte do dano que pode facer o plástico no mar, deixovos este vídeo, espero que agora, antes de tirar plástico ao mar o penses dúas veces:


Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente, Novas, Sen categorizar e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta