Só serán cachelas.

No ano 2012 a Xunta de Galicia recibiu unha notificación por parte do CIMA (Centro de Investigacións Mariñas da Xunta) non moi agradable para os miles de persoas que practican o marisqueo nas costas galegas.

Debido ós altos niveis de contaminación, as augas galegas trouxeron consigo un parasito pouco querido polo sector marítimo; a Marteilia Cochillia.

Marteilia Cochillia  é un parasito que leva varios anos atacando as costas galegas, provocando a morte de cantidades inmensas de berberechos.

Este parásito ataca o sistema dixestivo do berbecho común (Cerastoderma edule) polo cal este rico bivalvo non consegue medrar o suficiente e acaba morrendo.

Tras numerosos e longos estudos os biologos descubriron que este parásito ocupará a nosas rías durante uns cantos anos máis, e que este non se reproduce mediante contaxio, mais non saben cal é o factor que está permitindo a reproducción de este protozoo.

Os patólogos do Instituto Tecnoloxico para o Control do Medio Mariño xunto os Biólogos do Centro de Investigación Marítima teñen esperanzas en salvar a ría de este perigoso parásito. Un dos proxectos que puxeron a proba foi o reclutamento dos berberechos e o seu depósito en hábitats artificiais para o mantemento e a recuperación de estos; xa que, esto podría facer os bivalvos inmunes ó protozoo.

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta