Vertedoiro ilegal?

AO1C2F1

O monte Lobeira é un dos puntos máis atractivos da comarca do Salnés, un lugar visitado por miles de turistas que contemplan desde o seu punto máis alto onde ten un mirador, as maravillosas vistas da ría de Arousa.

Sen embargo, un lugar así require tamén certos coidados que neste caso, Lobeira non ten.

Este monte, aínda que se atopa situado no municipio de Vilanova de Arousa, está dividido entre este municipio e o de Vilagarcía. O problema está en que non recibe o mesmo coidado por ambas partes. Mentres na zona vilanovesa tratan de mantelo coidado, plantando especies arbóreas autóctonas e eliminando a maleza, en Vilagarcía, esos coidados auséntanse en moitos puntos.

Toneladas de desfeitos se deixan caír sobre unha das ladeiras do monte; dende pedras e bloques de cemento ata colchóns e elementos de todo tipo. Co paso dos anos, isto foi dando lugar a un vertedoiro, claramente ilegal e totalmente descontrolado.

En Vilanova teñen moi claro, que a pesar do seu esforzo e dedicación durante anos para a conservación dun lugar tan fermoso, non é posible mantelo en condicións se non reciben a axuda do concello de Vilagarcía, o cal parece que solo queren que sexa da súa propiedade para mostralo nas guías turísticas, e non para responsabilizarse do seu coidado e mantemento.

jpg

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta