Xa 120 anos

Xa hay 120 anos que España ten o primeiro faro marítimo que aluma ata 55km á redonda.

O Cabo Vilán encóntrase na Costa da Morte, en Camarariñas. Éste, ten unha gran importancia, non só por ser chamada “a praia dos ingleses”, debido a un naufraxio dun barco inglés, Serpent, que ía hacia Serra Leoa o 1o de febreiro de1890, este, foi á deriva por causa dun temporal, causando a morte de 172 homes que apareceron afogados na praia e logo foron aterrados nun cemiterio chamado “o cemiterio dos ingleses”.

21

Cabo Vilán foi declarado un lugar de Interés Nacional no ano 1933 por ser un sitio rochoso e escarpado, hoxe en día é un Monumento Natural.

Neste cabo habitan diversas especies de aves mariñas, como por exemplo, 30 parexas nidificantes de Corvos Mariños, escasas colonias de Arao dos Cóns e o Alcatraz Común na busca de presas no mar, tamén como outras diversas aves migratorias que frecúan o paso pola zona. Sendo tamén un dos poucos lugares onde aniñan aves como o Paíño común ou a Gaivota tridáctila.

En canto ó solo, distínguense tres tipos: por unha parte o frente litoral, formado por grandes acantilados cunhas grandes pendentes, tras éstes, pequenos matorrais atlánticos adaptados ó ambiente mareiro, por último, donde se atopa o faro, que é o único elemento artificial do espazo. En resumo, Cabo Vilán ten un solo pobre e pouco evolucionado.

En canto á flora, Cabo Vilán, é moi escasa debido os grandes ventos, o que dominan, son os matorrais, a formación vexetal máis importante da zona. Algúns pinos que xa foron repoboados adquiren unha forma circular, donde moitos animais buscan refuxio e comida neles. É habitual encontrar plantas típicas como a Camariña, a Malva e o Prixel de Mar. Os elevados acantilados, posúen importantes colonias de “Herba de Namorar”.

4

A temperatura media sitúase ó redor dos 14ºC, sendo un clima atlántico con grandes temporais acompañados de fortes ventos.

Considero, que este lugar é digno de visitar pola paisaxe bonita que ten, a parte do interés histórico e de información que nos  aporta da biodiversidade .

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Clima e meteoroloxía e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta