Contaminación en Madrid

A  contaminación é a introducción de substancias no medio que provocan  que este sexa inseguro ou non apto para o seu uso. 

A capital pasou a Noiteboa baixo alerta por contaminación, o que levou ao Concello a tomar medidas para controlar a cantidade de tráfico no seu nivel 1, reducindo a velocidade máxima na M-30 e autovías de acceso dende o seu cruce coa M-40.

Os vehículos teñen que circular a 70 km/h, a diminución de tráfico permitíu desactivar a alerta no día de Navidad, aínda que a presidenta Manuela Carmena recomenda utilizar o transporte público e respectar o límite de velocidade.

O día 1 de febreiro tiveron que poñer en funcionamento o novo protocolo pola contaminación con cifras máis baixas cas do anterior. O Concello volveu a aconsellar utilizar o transporte público así como aumentar o número de pasaxeiros nos coches cun mínimo de tres persoas ou máis en cada un.

Para saber o nivel de contaminación que hai no aire utilízanse 5 estacións que a detectan. Antes cando dúas destas marcaban 200 microgramos/m3 poñíase en funcionamento o protocolo e neste momento activaríase con só 180 microgramos/m3.

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.