Fumata negra en Seseña

Este suceso comezou o pasado venres 13 de maio de madrugada na zona de Toledo, pouco despois os servicios de emerxencia xa estaban recibindo chamadas de varios veciños da zona comunicando o gran incendio do cementerio de neumáticos de Seseña.

Este incendio (ao parecer de maneira intencionada) supuxo tal descontrol que á última hora do venres, máis de 7 hectáreas das 11 que ten o cementerio, foran arrasadas polo lume, isto equivale a 80 millóns de euros queimados. A contaminación que está causando, chegará a alcanzar á que se produciría nun ano enteiro en España.

O peor de todo isto é que non foi un simple accidente, xa que según a guardia civil, este cementerio é ilegal dende septembro de 2015, o que quere dicir que si as instalacións estiveran en correctas condicións de mantemento, vixiancia, etc.. habería menos posibilidades de que este feito fose tan caótico.

A pesar da gran labor dos servizos de emerxencia e o esforzo  que supuxo intentar controlar o incendio pouco a pouco, traballando día e noite e cos protocolos activados como a pecha de portas e ventás, tamén hai que ter en conta a cantidade de veciños que tiveron que abandonar as súas vivendas e os alumnos que non puideron  asistir ás clases con normalidade durante case un mes.

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ciencia e Sociedade, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta