O musgo, novo aliado contra a contaminación do aire?

Así é, o musgo, esa planta que estamos tan acostumados a ver en Galicia, podería axudar a depurar o aire, de aquelas sustancias nocivas e que son tan perxudiciais tanto para nos, como para o medio ambiente. Isto débese a un proxecto biotecnolóxico, dirixido pola universidade de Santiago de Compostela, no que xa conseguiron, que o musgo permita medir a contaminación atmosférica, grazas á súa capacidade bioacumuladora. Ademais de iso, esperase, que a medida que avance o proxecto, o musgo sexa quen de depurar eses residuos e eliminalos do aire.

Preguntarédesvos se todo musgo que vedes ten a capacidade para facer isto, pero resulta ser que non, xa que non é unha planta totalmente natural como as que encontramos nos bosques, senón que para o desarrollo deste método, estase a utilizar un clon de musgo desvitalizado, xa que este, detecta mellor a contaminación pasiva. Este proxecto, pioneiro en todo o mundo, permitirá medir, de maneira máis exacta a cantidade de microcontaminantes atmosféricos como metais pesados, hidrocarburos aromáticos policíclicos ou dioxinas, segundo indica a empresa galega Biovía.

Ademais de estar estandarizado a nivel europeo, o dispositivo será de baixo custo, pois, permite detectar distintos tipos de contaminación a través dunha única planta. O dispositivo, é tamén “eco-friendly”, pois, para intentar diminuír o impacto ecolóxico que supón a recollida de novo musgo nos campos, están a intentar obter un cultivo intensivo de musgo no laboratorio para ter un material de partida caracterizado e homoxéneo.

Para o estudio dunha zona concreta, utilizase un artiluxio chamado Mossphere, unha esfera inerte de plástico que se coloca a 4 metros do chan e que tras un periodo de exposición que pode chegar aos 6 meses, retirase ao laboratorio para o seu analisis. Unha vez no laboratorio, o musgo secase e redúcese a po para determinar a cantidade de contaminantes que hai.

Este proxecto tamén se está a desenvolver en Alemania, aquí vos deixo un vídeo de Eva Decker, da facultade de bioloxía da universidade de Friburgo, resumindo un pouco todo o que aquí vos contei.


Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.