UNHA “ARBORE” QUE DA ENERXÍA

Como todos sabemos, unha árbore e unha planta leñosa cuxas pólas comezan a medrar a certa altura do chan. A pesar de que podemos diferenciar numerosos tipos e de que poden alcanzar diversos tamaños, as árbores teñen unha principal característica común, converter o dióxido de carbono (CO2) en osíxeno (O2), o cal respiramos. Agora ben, que pasaría se fosen de metal e nos desen enerxía?

A árbore do vento (arbre à vent) e unha árbore artificial inpirada na natureza capaz de aproveitar as correntes de aire mais suaves (non menos de 2 metros por segundo aproximadamente) para producir enerxía. A súa estructura é moi semellante a das arbores habituais respecto a forma do tronco e das ramas (as cales son metálicas) e a disposición das follas (de plástico), as cales teñen un maior tamaño e unha forma semellante á dun balón de rugby aberto e xiratorio. Para a produción de enerxía usa unhas microturbinas situadas nas follas as cales xiran cando o vento pasa polas mesmas. Dentro destas, o vento desliza unha coitela(situada dentro dun anel que ten unha serie de circuitos de potencia) a cal fai xirar uns imáns que producirán enerxía eléctrica de entre 2.5 e 3.5 kilovatios por hora sen utilizar engranaxes, unha das cousas que aumenta a súa vida útil que esta arredor dos 25 anos.

Esta idea foi froito do inventor francés Jérôme Michaud-Larivière o cal confirma:” A idea ocorreuseme no parque donde vin como as follas temblaban cando non había un soplo de aire”. Axiña tivo unha idea a cal puxo en práctica no 2011. Comezou a traballar coa axuda da empresa NewWind e anos despois, no 2013, instalou a primeira árbore. Despois de facer varios prototipos e melloralos, no 2015 comezou unha preproducción en Francia, Suíza e Alemaña e esperase que este ano comecen a venderse os primeiros modelos estándar.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta