Adeus ladrillos; benvidas botellas

Dende hai uns anos estase a levar a cabo unha gran labor para potenciar a construción de aldeas ecolóxicas, que poden ser a clave para axudarlle a Terra a que retome o seu voo

Este e o caso de Plastic Bottle Village, situado no corazón da espectacular selva da Illa de Colón, en Panamá, como o seu propio nome fai intuír, esta aldea é a primeira en construírse, utilizando envases PET reciclados como materiais principais de construción. Ademais esta aldea dálle un gran empuxón ás ecoaldeas. Este apoio non só ven dado pola aposta polo uso deste material reciclado, senón que tamén inflúe o feito de que este gran proxecto esta nun entorno privilexiado en perfecta harmonía coa natureza.

Para levar a cabo este proxecto, que está deseñado para minimizar o seu impacto ambiental e para demostrar a nivel global a gran cantidade de cousas que se pode facer para axudar ó mundo cun baixo custo (materias primas baratas), utilizaranse máis de un millón de botellas, a maior parte recollidas para limpar a illa, o que supón unha media dunhas 10.000 botellas por casa. Polo momento o proxecto ocupa 33 hectáreas da selva, nas que se construirán un total de 120 vivendas, ademais dunha pequena tenda e un albergue, ademais este albergue contará con hortos orgánicos. Este albergue ó igual que o resto do pobo creará zonas verdes, a partir dos espazos naturais.

Mais, como se crean estas casas a partir dunhas botellas de plástico?

O primeiro paso para a construción destas casas é encher cada botella con area para que fagan así a mesma función que os  ladrillos e consigan así certo peso. Despois crease unha estrutura metálica coa forma que se lle quere dar á casa, seguidamente esta estrutura enchese  dos “ladrillos” feitos coas botellas. Seguidamente, e como paso final as estructuras metálicas, ahora recheas de botellas, recóbrense de formigón. Et voilà, una casa ecolóxica que por fóra parece convencional pero que os seus cimentos distan moito de selo.

Mais estas casas ademais de ser ecolóxicas presentan outras vantaxes como o son o seu gran illamento térmico, que proporciona un gran aforro en calefacción e  aire acondicionado ademais de loitar contra a humidade. Outro gran punto a favor é a resistencia ante os terremotos. Pero todo isto tamén ten unha vantaxe económica, xa que se remata nun corto período de tempo o que supón un tremendo aforro nos custo.


E algo moito mais importante a parte das ventaxas citadas anteriormente, que mellor maneira de vivir que sabendo que estás axudando á este planeta no que vivimos a saír dun pozo sen fondo, no que nós mesmos o metemos, e no que grazas a obras como esta estase a construír un final sólido onde poder apoiarse para emerxer.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta