As consecuencias do incendio de Seseña

  O vertedoiro de neumáticos de Seseña foi creado na  década dos 90 pero non tiña licencia dende 0 ano 2010 porque o concello retiroulla debido a que non cumprían ningunha das normativas medioambientais e de seguridade.

 

O pasado día 13 de maio, orixinouse un incendio no vertedoiro de neumáticos en Seseña catalogado como o mais grande de Europa, pénsase que o incendio puido ser intencionado.

As cinzas do incendio non remataban de se apagar, unha semana despois de que comezasen a arder as 80.000 toneladas de neumáticos acumulados,  as autoridades tiveron que decretar de novo o confinamento da poboación e o peche do colexio de El Quiñón.

Os gases que emite este incendio son prexudiciais para o medio ambiente  mais para a saúde . Os ecoloxistas denuncian que estaba emitindo contaminantes canceríxenos ‘ que non se estaban medindo.

A cantidade de gases que podía emitir serían os mesmos que durante un ano en España. Si se chegase a queimar  todo alcanzaríanse grandes cantidades de partículas  e de compostos orgánicos volátiles os cales poderían conducir a riscos para a saúde das persoas como o cancro, asma, e dificultades respiratorias.


Ademais estes gases poden producir infertilidade nas terras onde se pousen as cinzas producidas pola queima , e se chovese a auga  contaminada de borra poderían filtrarse ó chan e ensuciar os acuíferos. Os tóxicos que se liberan terminan desembocando nun aumento de temperatura o que supón que se puidese tardar máis en controlar o lume.

E finalmente os veciños de Seseña poden volver as súas casas despois de estos días de angustia

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta