Cada un na súa casa.

A degradación dos ecosistemas fluviais que aconteceu na época dos 70 supuxo unha perda numerosa da cantidade dos cangrexos de río que habitaban nos ríos europeos pero a gran causa da perda desta especie melacrustacea foi a aparición e a introducción de especies alóctonas nos seus ecosistemas.

O cangrexo de río é unha especie de cangrexo que habita en augas limpas e doces. Está considerado como o maior artrópodo de Europa Continental, xa que pode chegar a medir 12 cm e o seu peso anda ó redor de 80g.

A aparición do cangrexo de río americano procedente do seu hábitat natural nas marismas de Louisiana (EEUU) supuxo un forte cambio; posto que debido a súa gran capacidade colonizadora e reprodutora, o cangrexo vermello extendeuse rápidamene. A pesar de ser un recurso pesqueiro explotable a sua introducción causou cambios drásticos nos ecosistemas invadidos e creando así a perda (sen recuperación) do cangrexo europeo.

Dende o Departamento de Medio Ambiente de Aragón aprobouse un plan de recuperación de esta especie, tratando principalmente os seguintes puntos:

1. Protección do hábitat propio da especie.

2. Control da introducción de especies tóxicas e invasoras.

3. Reproducción da especie en cautividade para garantizar a supervivencia das crías.

4. Prohibición da utilización de esta especie como cebo, xa sexa morto ou vivo.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.