Ceo sin estrelas

Ata 1879 a única maneira que tiña o home de crear luz era mediante lume, velas, ou lámpadas de aceite, pero co invento de Thomas Edison todo cambiou, a aparición da bombilla foi unha gran innovación, e, polo tanto, un dos inventos máis recoñecidos da historia. Actualmente son un aparello da vida cotiá, mais o seu uso vai en aumento, e en tódalas casas e rúas  hai unha gran cantidade.

Este aparello foi evolucionando, ata chegar ás luces LED, que teñen un brillo máis notable, o que podería aumentar por tres o brillo nocturno, esto provocaría que o ceo se oscurecese ainda máis.

O novo atlas da polución mundial, mostra o gran aumento nos últimos 15 anos e as zonas onde máis polución hai.

O 83% da poboación mundial teñen ceos nocturnos contaminados en maior ou menor grao. Esta cifra aumenta ao 99% cando falamos de Europa e os  EE.UU.

Este aumento da luminosidade provoca en moitos lugares a noite nun crepúsculo constante, polo tanto ver as estrelas é un traballo difícil, porque con tanta claridade é imposible.

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta