NOVAS ESPECIES A 4000m DE PROFUNDIDADE.

O descubrimento de novas especies a 4000 metros de profundidade, non é algo normal, o habitual é que a medida que te sumerxes, os organismos vivos sexan menos, pero neste lugar e todo o contrario. Iso é o que di a expedición de mergulladores que se sumerxiron ata 4000 metros de profundidade no Monumento Nacional Marítimo de Papahanaumokuakea, (Hawai). Os oito mergulladores que baixaron volveron a terra con milleiros de fotografías nunca vistas, estes non só observaron as especies se non tamen o terreo.

O coordinador da expedición, Brian Kennedy, comenta que é normal que as especies alí encontradas sexan novas para a ciencia, xa que nunca antes ninguén se sumerxera naquel lugar a tanta profundidade.

Para explorar toda está zona de 225000 kilometros cadrados, o equipo de biólogos, xunto coa expedición de oito mergulladores, utilizaron dous vehículos de control remoto unidos e equipados con cámaras de alta definición. Con estas puideron avisar un volcán submarino de 1400 metros de altitude. Este volcán resultou ter unha estructura peculiar, xa que tiña varios cráteres polos cales erupcionara hai tempo.

No Monumento Nacional Maritimo de Papahanaumokuakea, viven máis de 7000 especies em innumerables formacións xeoloxicas.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.