O río Sar gravemente afectado

Resultado de imagen de contaminacion rio sar

Os expertos comprobaron que o incremento de contaminación dos ríos é paralelo ao crecemento da poboación. A actividade humana, ademais de utilizar o seu caudal como desagüe de augas fecais, deixa grandes depósitos de desperdicios orgánicos, así como productos químicos e radioactivos que proceden das industrias e fábricas.

O río Sar é un afluente do río Ulla. Os seus 42km percorren os concellos de Santiago de Compostela (onde nace), Ames, Brión, Rois, Padrón e Dodro. Gran parte do seu percorrido está declarado como Rede Natura, pese a ser un río moi gravemente contaminado. Así pois, as súas augas considéranse das peores de Europa.

A principal fonte de contaminación do río provén dos vertidos directos de Santiago, pero non afectan só a este municipio. En total, son 7 os concellos que lidan con esta situación: Santiago de Compostela, Ames, Brión, Teo, Rois, Padrón e Drodo. As outras fontes son os vertidos que veñen da depuradora e pequenos aportes de zonas próximas.

A depuradora de Silvouta incumple e lexislación europea sobre depuración e os requisitos ambientais da Xunta. Nela, os vertidos pasan por unha separación física simple e unha pequena aireación. Por insuficiencia da capacidade de tratamento da depuradora unha gran parte dos vertidos é devolta ao río Sar con concentracións de nitróxeno e fósforo moito máis altas do aconsellado e do permisible.

A la izquierda, las instalaciones nuevas, que tratan de paliar las carencias de las antiguas, aunque lo hacen solo a medias.

EDAR de Silvouta

Estes contaminantes provocan no cauce do río o descenso no contido de osíxeno, o incremento de materia orgánica, nitratos, nitritos, amonio, fosfatos, sulfatos, cloruros e a multiplicación de microorganismos (en especial coliformes fecais). Polo tanto, os tramos afectados deste xeito, non cumpren as normativas vixentes para actividades recreativas, de baño, de uso agrícola…

No seu último tramo, en Padrón, é quizais, onde máis sufre de contaminación, xa dende hai moitos anos. No 2007, por exemplo, á altura do campo de fútbol, as beiras do río enchíanse da basura procedente do mercado ambulante. Isto revelouse cando o Concello iniciou a limpeza das beiras do Sar, invadidas pola maleza e os lixos. Os operarios cortaban as malas herbas para que, despois, outra persoa encargada recollera a basura que quedaba esparcida. Pero non aconteceu o que estaba previsto, e gran cantidade de plásticos cubertos por maleza amontoáronse no río, segundo conta unha noticia de La Voz de Galicia.

Ante esta desastrosa situación, veciños dos municipios afectados crearon a “Plataforma pola defensa do Sar”. Este colectivo denuncia o uso das súas augas como vertedoiro dende, aseguran, fai máis de 30 anos. En numerosas ocasións amence o cauce repleto de escuma que causa a morte de moitas especies, nas que destacan os peixes. A “Plataforma pola defensa do Sar” solicita a intervención de distintas administracións públicas, vixilancia permanente no río e unha instalación decente para a depuración das súas augas. Puxeron en marcha unha recollida de firmas, e dende o seu blog pódese acceder aos documentos que presentaron ante a Comisión Europea. Esta iniciativa tamén ten un canle en Youtube que nos amosa o estado do río e a depuradora.


 

BIBLIOGRAFÍA:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/05/01/depuradora-silvouta-incumple-requisitos-ambientales-xunta/0003_201605S1C5991.htm

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2007/10/10/0003_6214008.htm

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/rio-sar-sigue-uvi-espera-nueva-depuradora-no-llega/idEdicion-2012-02-23/idNoticia-732293

Unidos por el Sar, uno de los ríos más contaminados de Europa

http://es.calameo.com/accounts/4611975

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta