A contaminación do aire ataca a fertilidade humana

contaminación barcelona

Barcelona cuberta por unha capa de contaminación atmosférica

Barcelona 6 oct.- Os altos niveis de contaminación atmosférica maiormente derivados do tráfico pero tamén das fábricas nas grandes cidades están tendo como consecuencia un maior número de abortos e tamén afectan a calidade do esperma, todo isto según un estudo elaborado por investigadores do Hospital del Mar de Barcelona.

Un grupo de investigadores do centro sanitario barcelonés, liderados polo director Miguel Ángel Checa, fixo dúas revisións exhaustivas da literatura científica para determinar que impacto ten a exposición de contaminantes na fertilidade humana.

M.A.C. bio

Na primeira revisión, os científicos mostran que a contaminación afecta críticamente a fertilidade da muller tanto mulleres fértiles coma as que recurren a técnicas de reprodución asistida.

Na segunda revisión móstrase que a contaminación atmosférica tamén pode afectar a calidade do esperma.

A Sociedade Americana de Medicina Reproductiva encárgalle estos estudos aos científicos do Hospital del Mar de Barcelona.

As dúas investigacións publicadas pola revista “Fertility and Sterility” recollen todo sobre os efectos dos contaminantes atmosféricos na fertilidade tanto masculina como feminina.

Nunha das revisións, os resultados obtidos sobre a fertilidade feminina din que nas mulleres fértiles, a contaminación reduce a tasa de fertilidade e sube o número de abortos. Nas mulleres que recurren a técnicas de fertilización in vitro reduce o número de nacementos e sube o número de abortos.

Os investigadores agora participan nun proyecto europeo ESCAPE (European Study of Cohorts for Air Pollution Effects), que quere establecer os efectos a largo plazo da contaminación sobre a salude.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.