DISPÁRASE O NÚMERO DE ALÉRXICOS AO POLE

 

Nos últimos anos, os casos de alerxia ao pole incrementouse entre os rapaces máis novos. Antes a porcentaxe estaba en que 1 de cada 3 nenos entre os 13-14 anos sufría esta alerxia, agora esta cifra descensdeu ata os rapaces de 3 anos. Tamén outra das cifras dadas nestes casos é que 1 de cada 5 nenos de todo o mundo sufre alerxia ao pole. Os investigadores afirman que agora hai maior risco de ser alérxico pola gran exposición de estos.

Hai moitas causas que elevan a produción do pole feito polas plantas hoxe en día. As principais son: o estilo de vida que levan as persoas de occidente, o cambio climático, a excesiva hixiene, a contaminación atmosférica, o vento, etc. Aínda que algúns poden ser máis relevantes que outros.

Algúns dos factores que perxudican esta situación son os aumentos de densidade de vexetación nalgunhas zonas, a cantidade de pole producida por cada planta e o alongamento da polinización  que son consecuencia do quentamento da superficie terrestre. O  ascenso das temperaturas alonga as épocas de polinización e tamén as fai moito máis intensas. As veces chegan a adiantarse estas épocas e incluso permancen durante o verán debido ao cambio climático. Os meses de maior concentración de pole son entre Febrero e Xuño.

Un dos moitos estudos, realizados sobre este asunto, conclue que agora as plantas producen un pole que é moito máis destrutivo para o home, debido a contaminación do diésel.

Aínda que no campo haxa máis plantas, a poboación máis afetada pola alerxia ao pole, son os que residen en zonas urbanas, xa que as partículas que soltan os combustibles empeoran os síntomas. Este pole ten, ademáis, un composto bastante perigoso debido a contaminación.

Nas épocas de incremento de alerxias, recoméndase o uso de máscaras con filtro e a colocación de filtros tamén nos aparatos de aire acondicionado, para disminuir en pequena porcentaxe os síntomas ou doenzas e prevelos.

 

 

 

 


 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta