30.000 MORTES PREMATURAS EN ESPAÑA POR CONTAMINACIÓN

thYTGHIR1K

A contaminación causa ó ano 29.980 mortes prematuras en España, según os cálculos da Axencia Europea do Medio Ambiente . En toda Europa, apréciase un repunte nas mortes relacionadas coa contaminación, que en 2013 foron 520.000 nos 28 Estados membros da Unión Europea. Tanto na Unión Europea como no caso específico de España a substancia que máis fallecementos prematuros provoca son as coñecidas como PM2,5, partículas que están vinculadas ó tráfico e ó combustible diésel.

O Problema Do Ozono:  Os países con maior impacto no caso do ozono son Italia, Alemania, Francia, España e Polonia. No noso país, 1.760 fallecementos prematuros están relacionados con esta susbtancia. Un reciente informe de Ecoloxistas en Acción apuntaba a que 10,2 millóns de españoles, un 21,8% da poboación, viven en zonas nas que, entre 2014 e 2016, superáronse os límites legáis de exposición ao ozono troposférico.

E, o terceiro contaminante que analiza esta axencia, é o dióxido de nitróxeno que tamén está relacionado co tráfico. A estimación en España é de 4.280 mortes prematuras no 2013. A contaminación do aire ten efectos importantes sobre a saúde dos europeos, particularmente nas zonas urbanas. Segue sendo o risco da saúde ambiental máis grande en Europa.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.