a vendima do 2015

A colleita do 2015 nas Rías Baixas tivo moi bos resultados. O viño albariño, cultivado nestas terras dende fai moitas xeracións é característico na comarca do Salnés, especialmente no concello de Cambados, capital do albariño.

O grado mínimo de alcohol adquirido nas Rías Baixas, é de 11’3º por kilo. E o ano pasado recolléronse 32 millóns de kilos, fronte ós 24 millóns do 2014.

No ano 2015 non esperaban bater marcas, pero si superar nun 20% a colleita do ano anterior. O tempo foi o causante dunha colleita tan abondosa, xa que no 2015 houbo escasas precipitacións no verán e os meses de agosto e setembro foron quentes. Dadas estas condicións non foron necesarios os tratamentos fitosanitarios. Isto favoreceu ó medio ambiente e ás carteiras dos produtores.

Que consecuencias ten no medioambiente o uso de fitosanitarios? Afecta á saúde das persoas?

O uso destes productos é un arma de dobre fío, por unha parte axuda a eliminar as pragas nocivas para os cultivos, pero ó mesmo tempo contamina o medio. Non é unha contaminación só a nivel local, inflúe na atmosfera, na auga e no solo. Tamén ten consecuencias negativas para a saúde dos humanos, especialmente na de quen dá o producto, por iso é moi importante utilizar mascarillas e a equipación adecuada.

Como afecta o cambio climático á producción do viño?

O aumento de temperatura e o déficit de auga perxudicarán a producción do viño, as condicións do solo, o estado das vides, á propia uva e ós microorganismos responsables da súa fermentación.

Países de Arxentina e Europa veranse afectados negativamente ante o cambio climático respecto á producción de viño. Por outra banda, Alemania e Reino Unido, que teñen un clima máis frío, poderían ter boas condicións para cultivar viño. Isto tamén implica cambios na economía.

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.