Un remoliño de lume, tamén chamado tornados de lume, é un raro fenómeno no cal o lume, baixo certas condicións (dependendo da temperatura do aire e as correntes), unha columna de aire ardente de orientación vertical similar a un tornado. .
En xeral adoitan xurdir a través de incendios forestais, acadando unha altura de 10-15 metros, a pesar da súa altura adoitan ter unha duración de poucos minutos, pero estas características poden variar, pois déronse casos de tornados de lume que acadaron os 160 km/h, con máis dun kilómetro de altura e cunha duración superior aos 20 minutos.
Ainda que esta clase de fenómenos non son moi cotiás, existen algúns exemplos históricos, que quedaron marcados nas mentes de millóns de persoas, como na Segunda Guerra Mundial, en Hamburgo, durante a Operación Gomorra onde morreron 43.000 persoas. Tamén no famoso bombardeo de Dresde, provocouse unha tormenta de lume do tamaño dunha cidade pequena e produciu un remuño de lume que matou entre 25.000 y 40.000 persoas, ademis de destruir a mitade da cidade. Outro exemplo foi o dos numerosos remuiños de lume que xurdiron a partir da caída dun raio nun depósito de petróleo cerca de California o 7 de abril de 1926, os cales produxiron considerables danos en estructuras alexadas do lume e provocaron a morte de 1.600 persoas.