O Ozono malo

ozono-troposferico

O Ozono (O3) actúa na atmosfera como depurador do aire e sobre todo como filtro dos raios ultravioletas procedentes do sol. Si ese filtro non existise, a vida na Terra sería completamente imposible, de ahí, a gran importancia da “capa de ozono”.

Pero existe un ozono ó nivel do chan, que nos rodea…

O Ozono troposférico ou Ozono malo, é un contaminante que perxudica a saúde e os ecosistemas. Ten o seu orixe basicamente no tráfico das cidades, pois fórmase a partir de reaccións fotoquímicas complexas con intensa luz solar entre contaminantes que se xeran nos procesos de combustión, como óxidos de Nitróxeno (NO, NO2) e compostos orgánicos volátiles (COV).

Este ozono xera varios problemas, nos humanos causa dificultades respiratorias, como asma, insuficiencia respiratoria… mais cunha exposición maior podería chegar á morte.

Algo que tamén alarma no medio ambiente é o seu efecto nas interaccións dos insectos depredadores de plantas e os polinizadores como as abellas coas flores. Estas despiden unha fragancia para atraer ós polinizadores pero descomponse coa presenza do ozono troposférico. Isto ocorre porque a capacidade oxidante do ozono reacciona cos compostos volátiles que producen as flores, estos son clave para a relación insecto-vexetal.

Mentres que podería verse como algo beneficioso, pois os insectos que atacan os cultivos non se orientarían e se reducirían as plagas, existe unha perspectiva moito máis grave, os polinizadores non atoparían as flores nas que libar, e disminuirían as produccións nas colleitas.

Unha solución a esto sería reducir a principal orixe do ozono troposférico, o tráfico das cidades.

Se queres saber máis consulta estas páxinas:

http://www.ecologistasenaccion.org/article27108.html 

http://elpais.com/elpais/2015/09/18/ciencia/1442572998_153422.html

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta