QUECEMENTO GLOBAL, RÉCORD HISTÓRICO E PROGRESO CARA A SOLUCIÓN

 Resultado de imaxes para calentamento global

Publicáronse as estadísticas climáticas do ano pasado e como era de esperar foi un ano máis caloroso do normal. De feito foi o ano máis caloroso xamais rexistrado da historia, esmagando o anterior récord cunha marxe nunca antes vista.


No vídeo móstrase as anomalías térmicas con respecto a media que había antes de que se incrementasen os gases de efecto invernadoiro na atmosfera, como se pode apreciar perfectamente, ano tras ano a temperatura global do planeta vai auméntano, máis concretamente a temperatura media na superficie foi de 13,9 grados centígrados o que e 0,9 grados por enriba da media do século XX.

Temos un problema serio, o cambio climático e unha realidade e non cabe duda de que foi causado polo ser humano, pois ningunha tendencia natural pode modificar o clima tan drasticamente en tan poucos anos.

Pero parece ser que pouco a pouco imos aprendendo, Dinamarca anunciou fai uns meses, que o ano pasado o 42% da súa enerxía utilizada proveu de enerxía eólica superando así o seu propio récord.

Resultado de imaxes para molino de viento de dinamarca

Esta produción tivo notas destacadas como o feito que en dous das rexións Danesas a produción non so cubriu o 100% das necesidades durante 60 días seguidos, senon que sobrou enerxía que puideron usar para exportar a outras rexións ou países, de feito os datos oficiais aclaran que dous das grandes plantas situadas no mar no estiveron funcionais, o que faría que ese porcentaxe do 42% houbese ascendido ata o 44% houbo de feito tamén un día especialmente singular o 2 de setembro do 2015 Dinamarca operou sen necesidade de que as demais fontes do país tiveran que activarse, unha situación que contrasta coa realidade de España por exemplo, onde a reforma enerxética a suposto un obstáculo case insalvable para o avance deste tipo de enerxías.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta