TES “URALITA” NO TEU TELLADO?, PREPÁRATE!

Dende fai máis de cen anos as nosas casas levan nos teitos e debaixo da tella unhas planchas de fibrocemento denominadas “uralitas”. O seu nome débese á empresa que as elaborou por primeira vez e que as continuou facendo ata que foron prohibidas.

Resultado de imagen de empresa de uralita

Pois ben, ata o de agora ninguén se plantexou nunca que estas planchas aparentemente inofensivas fosen tóxicas pero, así é, na súa composición está presente o amianto,  unha sustancia moi perigosa que produce diversas enfermidades, entre elas cancro de pulmón.

Dependendo de quen fale deste tema temos dúas versións, os que din que a “uralita” non é tóxica si a tomamos coma unha unidade sólida xa que o tóxico é o po que a compón, e os que din que sí é tóxica porque basta que se descompoña un pouco para que solte amianto, que como anteriormente mencionamos, é un elemento moi perxudicial para a nosa saúde.

Resultado de imagen de retirada de amianto

Visto isto xorden dúas cuestións, ¿qué facemos cos millóns de toneladas que temos colocados nos nosos fogares? E outra ¿de veras é tan tóxica ou realmente é unha cuestión económica e interesa impulsar outro producto sustitutivo? Sexa como sexa, a día de hoxe si queremos desmontar unha cuberta enfrontámonos a dous problemas:

  1. o custe económico que é moi difícil de asumir para persoas traballadoras e con escasos recursos.
  2. o risco de non facer as cousas como debemos e enfrontarnos a unhas enormes sancións económicas.

Por outra banda xurden outras dúbidas, ¿Está España preparada para asumir a desamiantización dos milleiros de cubertas que teñen uralita?, ¿Temos suficientes empresas especializadas que poidan eliminar con suficientes garantías para a súa saúde estas cubertas?, ¿Estase a tratar como se debe este material ou a pesar de pagar tantos cartos as empresas tiran o escombro en calquera vertedeiro non autorizado?, aí quedan estas cuestións.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.