ENERXÍA RENOVABLE NO SALNÉS

Nos últimos anos fálase moito da biomasa como enerxía alternativas. A biomasa normalmente vémola en forma de  pellets,  unha especie de granulado de madeira prensada (principalmente leña). Aínda que a biomasa é o conxunto de materia orgánica de orixe vexetal ou animal. en moitos lugares empezouse a utilizar recursos da zona para a produción de biomasa. Por exemplo o oso da aceituna, a palla do arroz, a cáscara das pipas… todas estas son formas de aproveitar restos de plantas, para producir enerxías alternativas e contribuír co medio ambiente.

pellets-biomasa

E por que non facer isto nas Rias Baixas?? Nas Rias Baixas contamos con unha extensión de 2.700 hectáreas de viñedo, o que producen arredor de uns 30 millóns de quilos cada ano. Despois da vendima, ven o tempo da poda, onde os viticultores da comarca deixan debaixo das súas viñas gran cantidade de sarmiento, é dicir, o vastago ou rama da cepa, onde brotan as follas e nacen os acios. O que comunmente chamamos vides. 

SARMIENTO

Así como en outros lugares producen biomasa apartir dos seus recursos, nós tamén podemos facelo coas vides. Ademais, coa estrutura das viñas do Salnés, unha estrutura en parra que as protexe da humidade, prodúcese moita máis cantidade de uva. Pero tamén moito máis sarmiento a hora da poda. Unha hectárea de viña do Salnés pode chegar a producir o triplo de sarmiento que unha viña en espaller.

Normalmente tritúranse e quedan mezcladas coa terra ou recóllense (ben a man ou con máquinas) e quéimanse en fogueiras. Algúns viticultores da zona xa estiveron pensando en facer caldeiras que funcionasen con este “combustible” pero aínda sen resultados visibles ata o de agora. A idea era unha caldeira que queimara alpacas ( unha especie de fardos comprimidos) de vides. Hai moitas formas de aproveitar esta enerxía, en forma de pellets, simplemente triturándoa… A que serviría para quentar unha casa sen necesidade de combustibles fósiles, polo que hai que seguir inventando, xa que aparte de contribuir co planeta, aforramos diñeiro.


 

Esta entrada foi publicada en Xeral e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta