Ladróns nas Costas

 

Resultado de imagen de almeja de galicia

A ameixa das nosas costas está en perigo desde xa fai tempo.Os nosos mariñeiros e as nosas mariscadoras, levan xa bastante tempo queixándose das accións furtivas que ocorren nas nosas rías. Eles teñen toda a razón do mundo en queixarse sobre este tema, moitas persoas pensan que si collen unhas poucas ameixas sen pagar antes a cuota non vai pasar nada, pero esas persoas non entenden que ‘esas poucas’ son cartos que lle estás roubando ao teu veciño ou a túa veciña. Ademais diso se ten que regular a pesca de ameixas, se non se controla, os nosos mares estarían valeiros en dous días.

Resultado de imagen de furtivos ladrones de almejas

Nos últimos meses tiveron lugar moitos roubos de ameixas como por exemplo en unha noticia onde a policia destapaba unha trama para vender ameixa ilegal de boiro en Carril. A policía levaba meses tras a pista duns supostos furtivos que extraían ameixa en Cabo e Cruz. Os policías detiveron a dez persoas en distintas localidades na ría de Arousa. Unha das detidas mais destacada foi Rosario Maneiro, ela é integrante da xunta xeral da cofraría de Carril e presidenta de unha das dúas agrupacións de parquistas.

Isto quere dicir que ata os que deberían defender a este gremio son os que máis os perxudican.

Resultado de imagen de pesca con dinamita galicia

No mundo da pesca tamén se facían atrocidades, como a pesca con dinamita, non é moi coñecida pola xente porque parece unha cousa tercermundista, pero non hai moito tempo, aquí en Galicia tamén se pescaba con dinamita. Isto facía que os mares se encheran de pólvora e que se perdera a vida mariña do noso mar que é tan preciado. E agora é conocido o dito de que por San Xoán a sardiña “non pinga no pan “.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta