Metano por leite

O metano é un dos gases responsables do efecto invernadoiro. O ganado é o culpable dun 36% das emisión  de metano que se producen ó ano en España.

Durante o proceso dixestivo, as vacas expulsan moito metano en forma de eructos. Un 80% prodúcese na fermentación no pre-estómago.

As solucións veñen dunha empresa estadounidense que aproveita as ventosidades das vacas para producir enerxía e a outra dun grupo de científicos que fabricaron un po antiácido para reducir os eructos.

Esterco por enerxía

Nunha granxa nos Estados Unidos transforma o fertilizante das vacas en electricidade. A iniciativa xorde para controlar o cheiro e acabou dando luz a 1000 casas.

A granxa vertía os refugallos nunha lagoa, isto podía contaminar as augas subterráneas si a lagoa se desbordaba pola chuvia ou había algunha fuga. A saída foi instalar un dixestor anaerobio. Utiliza a calor para acelerar a descomposición e ó mesmo tempo captura o fedor e os gases efecto invernadoiro. O metano acumulado úsase para darlle enerxía posteriormente a miles de fogares.

Estes contedores valen entre 45.000 e 60.000 euros, e cada vez son máis as granxas que inverten neles.  O seu mantemento é caro, pero é unha boa inversión.

Mochilas para as vacas

Na Arxentina un grupo de científicos inventou unha mochila para gardar e extraer o metano que produce un animal. O metano despois de ser filtrado é utilizado como fonte de enerxía. Malia esta é unha solución inviable polo momento, as razóns son técnicas e económicas.

Un po antiácido para reducir o efecto invernadoiro

Un antiácido fabricado por científicos fixo que se reducira nun 30% a emisión de metano por animal. Mediante a incubación de microorganismos anaerobios no aparato dixestivo dos ruminantes. E todo isto sen alterar a saúde da vaca nin a calidade do leite. Ademais de este xeito aprovéitase mellor a enerxía que gastan no proceso de alimentación. Diminúe a liberación dos gases á atmosfera e polo tanto redúcese a temperatura global.

BIBLIOGRAFÍA

La voz de Galicia

ABC

Pressreader

El país

Wikipedia

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.