A MÁIS CONTAMINACIÓN, MENOS CONCENTRACIÓN

Un estudio realizado por un grupo de científicos da organización ISGlobal de Barcelona, dirixido por Jordi Sunyer, demostra que a contaminación pode disminuir a capacidade de atención a corto prazo dos rapaces que se atopen entre os 7 e os 10 anos.

Un estudio anterior demostrou que os efectos contaminantes dos vehículos Diesel podían alterar a capacidade cognitiva, debido os altos niveis de carbono elemental e dióxido de nitróxeno. Despois de isto, entre os anos 2012-2013 dita organización levou a cabo o proxecto para averiguar se os efectos tamén se poderían producir a corto prazo.

O proxecto consistía en voltar cada trimestre a diferentes centros de educación en diferentes días onde a contaminación fora máis, ou menos notable para facerlle tests psicométricos por ordenador, onde podían medir a resposta sobre estímulos en cada milésima de segundo. Por outra parte tamén lles fixeron unhas resonancias magnéticas.

Estas probas experimentales recaíron nuns 2.500 alumnos de 39 colexios diferentes de Barcelona e de idades que rondaban entre os 6 e 9 anos e. Os tests verificaron que a contaminación atmosférica ten un efecto neurotóxico nos nenos. Os días nos que os rapaces están expostos a maiores niveis de contaminación mostran un retraso de aproximadamente un mes e medio respeto a mellora natural de cada un.

Estos resultados obtidos foron minúsculos a nivel individual, pero sin embargo, a escala colectiva ten un impacto moi importante, debemos frealo… Estamos a tempo!

 

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta