AVESPAS INVASORAS EN GALICIA

As avespas invasoras tamén son coñecidas como avespas asiáticas ou avespas asesinas pola súa forma agresiva de cazar. Científicamente é chamada Vespa velutina.

O seu hábitat natural é China, a India e Indonesia. Apuntan que chegaron a Europa no 2004 nun cargamento de madeira procedente de Asia, a un porto francés. Foron detectadas no 2010 en Irún (España), neste caso procedían de Francia. O primeiro exemplar visto en Galicia dátase que foi no 2012 en Burela (Lugo).

A gran expansión nos últimos anos leva a pensar que a súa desaparición por completo é imposible, pero temos que evitar a súa progresión xa que a súa forma agresiva de cazar está terminado cas abellas autóctonas, por ser un dos seus alimentos. Isto pon en alerta aos apicultores da zona por medo a súa perda de traballo e a escasa polinización. Fixeron trampas para rematar cas avespas fundadoras, estas están á venta en algunas tendas aínda que a súa eficacia non é total. Esta labor é difícil debido á calor dos últimos invernos.

Os expertos din que nunha decena de anos colonizarán toda a Península Ibérica. Nestes momentos a distribución é a seguinte: Sendo as zonas de cor vermella as máis afectadas e as de cor verde as que menos.

A costa galega é una das zonas máis afectadas. A vespa Velutina prefire zonas chuviosas e sen fortes xeadas, con abundancia de  robles e faias, polo que limita o seu territorio ao norte de España e non ao sur. Preocupa que a actividade destas avespas segue ata na época de hibernación e iso non sucede en ningún outro país de Europa, polo que podemos sacar a conclusión da rápida adaptación ao noso clima.

A poboación tamén quere  unha solución. Esta avespa ataca aos humanos mediante graves picaduras que poden chegar a ser mortais nalgúns casos. Pero a súa presa favorita son as abellas. Elas esperan o regreso das abellas cargadas de polen as súas colmeas alí é cando as capturan e as matan para levarlle alimento as larvas e demáis vespas que están na colmea (das velutinas).


 

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.