Desaparecendo por m³

Resultado de imagen de deshielo por el cambio climatico

Acutalmente estase a producir un desxeo xeralizado causado polo quecemento global do planeta, que afecta a zonas oceánicas como o Ártico e tamén en zonas continentais, especialmente na  Antártida e  nos glaciares das montañas.Este quecemento global está provocado a través da combustión de combustibles fósiles e outras emisións de GEI, os humanos están aumentando o efecto invernadoiro e quentando a Terra .

O desxeo Ártico no ten consecuencia sobre a subida do nivel do mar ao contrario que o desxeo Antártico.  A razón é moi simple, no desxeo Ártico o xeo xa está situado na superficie oceánica o que significa que ao derretirse o xeo, como xa forma parte do volume oceánico non dará lugar a un aumento da subida no nivel do mar. Pola contra no desxeo Antártico a a capa de  xeo recubre a superficie dun continente sen estar en contacto coa auga e no momento do desxeo, a auga desprázase ata chegar  ao océano.

A subida do nivel do está relacionada co aumento da temperatura da Terra nos últimos anos. O 90% de xeo do mundo concéntrase no Polo Sur e ten un espesor medio de 2133 metros. A longo prazo, isto significa que, se todos os  bloques de xeo desta zona derrétense, o nivel do mar podería aumentar máis de 60 metros. Aínda que, por agora, trátase de algo prácticamente imposible, xa que a temperatura desta zona é de -37ºC.

Os bloques de xeo son parte da  criosfera da Terra. As placas de xeo son xeralmente extensións de glaciares ou láminas de xeo que cobren a Terra.  Unha placa de xeo é parte dunha lámina de xeo que se extende desde a Terra cara ao océano e chega a el mediante o glaciar ou placa de xeo, e no seu outro extremo encóntrase flotando sobre as augas do océano, desprendéndose en fragmentos chamados icebergs.

No Polo Norte, o xeo é menos denso e derrétese con maior facilidade, polo que o desxeo xa é unha evidencia. É o mesmo caso que nos atopamos en Groenlandia, onde o aumento da temperatura rompe os bloque de xeo cada ano, de tal forma que estes poden verse flotando na auga. Concretamente, Groenlandia perde 350 km³ de xeo ao ano.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta