O PREZO AMBIENTAL DE NON PASAR FRÍO

Imagen relacionada

Cando chega o inverno o que máis desexamos é chegar á casa e que a calefacción estea funcionando, bueno eso era antes, ahora como a electricidade está moi cara, o gas tamén, o gasoil imposible e as estufas de leña son moi perxudiciais pois…. sempre nos quedará a manta do sofá e a bolsa de auga quente para por nos pés, estes son os sistemas de calefacción máis sans que hai xa que non contaminan nada pero tampouco quentan o suficiente.

Dende sempre o home utilizou métodos diversos para quentarse na época de frío, dende o uso de peles de animais, pasando por aproveitar nos baixos das casas o calor que desprendían os animais alí gardados (o calor sempre tende a subir), as lareiras de leña, as estufas de gas butano ou propano, a calefacción de gasoil, a de gas natural, e a eléctrica etc.

Como a poboación era menor e  o número de fábricas e de automóviles tamén, ninguén se preocupaba de que a calefacción contaminaba tanto o medio ambiente como o interior dos nosos fogares

Normalmente cando falamos de contaminación váisenos a cabeza á contaminación do medioambiente, sen embargo  moitas veces a contaminación que hai dentro dos nosos fogares é infinitamente máis grande que a que hai no exterior.

Resultado de imagen de comparativa de contaminacion de sistemas de calefaccion

O factor que máis contamina o aire dentro do noso fogar é o sistema de calefacción que empregamos. Por exemplo, as estufas de leña ou carbón xeneran unhas concentracións de monóxido de carbono que en recintos cerrados poden chegar a ser mortais xa que como este é un gas inoloro e incoloro o aire vaise viciando, o osíxeno acábase, e as persoas entran en un sono que pode chegar a ser eterno, e dicir, provoca a morte.

Tamén son moi contaminantes para o interior do noso fogar as estufas de parafina  pois emiten dióxido de azufre e óxido de nitróxeno que provocan moitas dificultades respiratorias e irritación dos ollos e dos pulmóns.

Como dixemos ó principio, ó ser a calefacción un ben de luxo máis que de primeira necesidade, cando escollemos os sistemas de calefacción miramos máis que nada o seu custe, sin ter en conta para nada o que supón o sistema elexido para o noso medioambiente ou para a nosa saúde. As caldeiras máis económicas funcionan con gasóleo C ou carbón pero tamén son as que máis contaminación ambiental producen. Ainda máis contaminantes sobre todo a longo prazo son os sistemas eléctricos pois o gasto enerxético e a contaminación producida para xenerar a electricidade son astronómicos.

Resultado de imagen de estufas de pellets    Dentro dos sistemas máis ecolóxicos temos as caldeiras que funcionan con pellets , os pellets están formados por madeira prensada que procede de restos de podas de árbores e restos producidos por empresas madeireiras. Son a día de hoxe unha fonte de calor bastante barata e eficiente.

A contaminación do medio ambiente provocado polo uso da calefacción poderíase controlar si o goberno puxera algo da súa parte e favorecerá a construcción de vivendas bioclimáticas, e dicir , aquelas vivendas que se constrúen con un perfecto aislamento térmico, orientadas para aproveitar o máximo do calor do sol e que a través de paneles solares (ós que hoxe se lle aplica un imposto por telos instalados) producirán toda ou parte da enerxía que necesitan para manter unha temperatura interior media de entre 21ºC e 23ºC sin necesidade de recurrir a ningún sistema enerxético externo. Como esto non é así, os que non poidan pagar o custe da calefacción terán que recorrer ó punto un, é dicir…. Manta e bolsa de auga quente.

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta