Seguro que todos estamos acostumados aos edificios, vivamos una vila ou nunha cidade, sexan edificios grandes ou pequenos nunca nos decatamos deles. No que nunca pensamos e no gasto que estos producen e o impacto que teñen sobre o medio ambiente xa que un alto porcentaxe da contaminación do planeta débense a estas construcións. Para evitar e reducir as consecuencias que producen no medio inventouse a arquitectura sostible ou verde. Esta forma de construir baséase en aproveitar os recursos e mellorar os sistemas da edificación axudando así a un menor impacto ambiental.
Varios métodos utilizados son por exemplo:
O uso de materias recollidos noutros edificios derrubados como materia prima para os novos, xa que así aforramos ter que buscar máis a conta da natureza.
Outro pode ser o uso de sistemas eléctricos eficientes no que se usan sobre todo as LED, xa que son de baixo consumo, así como a recollida da auga da chuvia para os retretes.
A enerxía utilizada tampouco queda atrás, xa que se explotan os recursos que se teñen. É moi frecuente o uso de placas solares la parte sur do edificio xa que asi aproveitan toda a luz posible, cando esto non é posible contrátase a empresas de enerxía renovable para que cubran o gasto enerxético.