O panga é un dos peixes máis habituais nos nosos fogares. Trátase dun peixe branco de auga doce de gran tamaño. Fresco ou conxelado, en filetes, sen pel e espiñas e cun módico prezo resúltanos moi atractivo para o seu consumo.
O panga é criado en cautividade na conca do río Mekong entre Vietnam e China. Estudos asiáticos revelan altos niveis de contaminación industrial no río que provocarían nos filetes do panga a presenza de contaminación química traída por metais pesados (mercurio, plomo, bromo…). Pola contra, os estudos realizados pola UE (Unión Europea) non son concluíntes respecto a este tema.
Esto conleva a unha gran incertidumbre, e así, a Confederación de Pais dirixiu unha carta aos ministros de Educación e de Sanidade para prohibir o seu uso nos comedores escolares. Na carta alegan a decisión de importantes cadeas comerciais como Carrefour, que deixan de vendelo no noso país, en Bélxica e Francia. Pese a que o Ministerio de Sanidade de España confirmou a principios de febreiro que non hai ningunha alerta, esta decisión foi tomada preventivamente debido ao impacto medioambiental das granxas onde se crían.
As autoridades sanitarias confirman en España o consumo do panga xa que os controis se manteñen de forma rutinaria. Os contaminantes atopados no pescado non supoñen ningún risco inmediato para a saúde. Os expertos aconsellan non tomalo máis dunha vez á semana, din que non fai dano se non se abusa.
Bibliografía:
https://es.wikipedia.org/wiki/Pangasius_hypophthalmus
https://www.ocu.org/alimentacion/alimentos/noticias/contaminantes-en-los-filetes-de-pescado488274
http://economia.elpais.com/economia/2017/02/01/actualidad/1485974816_097918.html