A agricultura tamén contamina?

atasa

A modernización da agricultura e dos sistemas de cultivo axudounos a aumentar a produción e poder abastecer a 7000 millóns de persoas. Pero isto trae consigo malas consecuencias. A agricultura ten uns profundos efectos no medio ambiente en conxunto.

Os fitosanitarios (Insecticidas, herbicidas e funxicidas) son unha gran fonte de contaminación da auga. Unha das medidas que se tomaron para frear isto foi o carnet de fitosanitarios. O carnet de fitosanitarios é necesario para calquera tipo de aplicación de fitosaitario, xa sexa a gran escala en enormes plantacións ou na horta da tua casa, para sacalo é necesario aprenderse unha serie de normas de como utilizar correctamente e en que dose estes productor e aprobar un exame despois. Aparte da contaminación do aire e a auga estes productos reducen a biodiversidade, xa que eliminan herbas e insectos que poden dañar o cultivo e con eles especies que serven de alimento a paxaros e outros animais.atomizador

Os fertilizantes son outra das principais causas de contaminación das augas subterráneas. Os produtos e residuos agroquímicos  poden ser altamente contaminantes si se utilizan en mala proporción, en maior cantidade da que poden absorber os cultivos ou cando se eliminan por acción da auga ou do vento do solo antes de ser absorvidos. Os excesos de nitróxeno e fosfatos (compoñentes dos abonos) poden infiltrarse nas augas subterráneas ou ser arrastrados á cursos de auga. Esta sobrecarga de nutrientes provoca a eutrofización (incremento excesivo dos nutrientes químicos nun ecosistema) de lagos, embalses ou estanques que da lugar a unha “explosión” de algas que eliminan outras plantas e animais acuáticos. Isto obviamente non vai a pasar en plantacións a pequena escala como hortas ou xardíns. 1185663

Esperemos que ante estas ameazas, no futuro se controle o uso de todos estos produtos que ainda que produzan un relativo mellor crecemento dos cultivos, repercute seriamente no medio ambiente e nas condicións do solo. A coperativa Martín Códax (Cambados) vai a participar nun proxecto chamado `Globaltini ´ que investiga como mellorar o cultivo da vide ante o cambio climatico con novas tecnoloxias e técnicas inovadoras. Son cousas como estas as que necesitamos para mellor a agricultura e consigo conservar o medio ambiente


 

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.