Atopan 30 bolsas de plástico no estómago dunha balea, como ese, moitos máis animais mariños sofren por culpa da contaminación.
Nos océanos acumúlanse máis de 250.000 toneladas de lixo, basta con fixarse na extensión de 1600 km de plástico en descomposición no Pacífico Norte. Os estudos levados a cabo recentemente demostran que a degradación aumentou notablemente, sobre todo na zona costeira, nos últimos tres séculos. Pero a contaminación dos océanos non é só responsabilidade do plástico e do lixo que podemos ver; os pesticidas, herbicidas, fertilizantes químicos, etc, acumúlanse nas profundidades do océano onde os pequenos organismos mariños os inxiren, e estes, á súa vez, forman parte da alimentación doutras especies. Ademais, os fertilizantes ricos en nitróxeno acumulados en deltas e bahías provocan un crecemento masivo de algas que consumen o osíxeno da auga, ocasionando zonas nas que non pode haber vida mariña. 400 zonas cumplen con estas características por todo o planeta. Os residuos sólidos, como xa mencionamos, provoca que os mamíferos mariños, peixes e aves os confundan con alimento e os inxiren, con consecuencias desastrosas.
Tamén debemos ter en conta a contaminación acústica pois sons coma os dos barcos, sonares ou instalación petroglíferas poden afectar á caza, reproducción, ou comunicación dos animais mariños.
Nalgunhas rexións as correntes arrastran billóns de obxetos de plástico formando remolinos xigantes de basura, un deles, situado entre Xapón e Norteamérica, é coñecido como O Gran parche de basura do Pacífico, a súa extensión duplica á do estado de Texas.