Un mundo sen peixes

Resultado de imagen de la sobrepesca

O consumo do peixe é algo evidente na nosa sociedade, e máis aquí, en Galicia, que é a sexta comunidade que máis consume pescado ao ano. Pero… que pasaría se este producto se acabara por esgotar?

Estímase que para 2050 non haberá máis peixes no océano .A que se debe esto? A principal causa deste suceso é o exceso de pesca, sobre todo no ámbito furtivo. Un 88% dos stocks pesqueiros mundiales están explotados, sobreexplotados ou incluso esgotados, ademais da increíble reducción de peixes como o bonito, bacallao e espadarte (peixe espada) a un 90%. Só un 1% dos mares e oceános están protexidos, a situación é tan grave que Greenpeace espuxo esta ameaza.

Este problema non só afecta ao ámbito gastrónomico, senón tamén ao ambiental e económico, destruíndo así o ecosistema mariño. Se esta situación se segue a prolongar verémonos obligados a cosechar excesivamente peixes os cales non son obxeto de pesca ou especies protexidas, creando así unha modificación nos ecosistemas. Remplazaríamos as proteínas que obtiñamos a través dos peixes por fungos e microorganismos, provocaríase unha gran extinción nos oceános e desastres ecolóxicos mariños que conducirían a contaminación das augas.

Existen varias solucións ante este problema, partindo do punto de que todos os sectores (científico,administrativo…) se decaten da gravidade desta situación e decidan alcanzar un obxetivo común. Unha solución é a creación de piscifactorías de investigación onde a través dun organismo acuático salvaxe pódase reproducir outro, co fin de poboar espazos de auga especialmente empobrecidos. Pero sin duda, a máis importante, é a disminución dos niveis de contaminación na auga instalando depuradoras  naquelas empresas que vertan residuos contaminantes.

Estamos ubicados nunha situación bastante dificultosa, onde especies como o salmón corren perigo, deberíamos ter unha educación ambiental sobre este tema se queremos saír desta liña de risco.

BIBLIOGRAFÍA:

http://www.ecojoven.com/cuatro/04/pesca.html

http://excesodepesca.blogspot.com.es/

http://www.expoknews.com/los-10-problemas-ambientales-mas-apremiantes/

http://www.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/oceanos/lista-roja-de-especies-pesque.pdf

Esta entrada foi publicada en Medioambiente. Garda o enlace permanente.