O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e MedioAmbiente queren adiantar a 2018 a lei que prohibe aos comercios que distribúan bolsas biodegradables gratuitamente. Tamén incrementarase o prezo das bolsas nos comercios que xa os vendían entre 5-30 céntimos, dependendo do espesor e do material da bolsa.
Así o recolle o proxecto de Real Decreto de Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e MedioAmbiente, o seu obxectivo é cumprir ca directiva europea de 2015, que o que quere é reducir o consumo de bolsas lixeiras que non son biodegradables. Agora mesmo, unha gran parte dos supermercados, hipermercados, etc. xa cobran polas bolsas, aínda que non hai ningunha prohibición formal.
Cando entre en vigor, ningunha tenda poderá entregar bolsas sen cobrar por elas, quen non as cumpra será sancionado cunha multa, co obxectivo de reducir o consumo.
En todo caso, non entran nesta prohibición as bolsas moi lixeiras necesarias pola hixiene ou por que están empregadas como envase, por exemplo; conter alimentos.
Isto é debido a que a maioría da xente non recicla e por iso a tasa de reciclaxe de bolsas de plástico en España non supera o 10%. Máis ou menos o 40% incinéranse pero unha de cada dúas bolsas mándanse aos vertedoiros. Outra medida de reciclaxe é o uso das bolsas de papel, o 65% das bolsas de papel son recicladas.
Medio ambiente aprobará outro real decreto no que se indicará en que contenedor hay que depositar as bolsas de plástico compostables e non compostables, que será obrigatorio para todo o territorio nacional.