O verme comeplástico

Imagen relacionada

O problema do plástico é mundial. O polietileno, en concreto, que se emprega para a fabricación de envases alimenticios ou bolsas da compra, entre outros productos e usos, posee unha resistencia tremenda. Esta característica que lle proporciona tanto éxito ao producto é a que dificulta desfacerse dos seus restos. Unha bolsa de plástico tarda entre 100 e 400 anos en desaparecer. De media cada persoa utiliza unhas 230 bolsas de plástico ao ano, o que como consecuencia xera unhas 80 millóns de toneladas de este material no mundo anualmente.

Recentemente, Federica Bertocchini, unha investigadora do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) atopou unha posible solución natural á degradación. Bertocchini desubriu que os vermes de cera (Galleria Mellonella) son capaces de degradar este plástico, inda que a súa dieta consiste en mel e cera dos panais de abellas.

Bertocchini é moi afeccionada á apicultura, e este descubrimento fíxoo de casualidade. Resultado de imagen de gusano come plasticoObservou que as súas colmenas estaban afectadas por estes vermes. Decidiu retirar os vermes e deixalos nunha bolsa de plástico mentres limpaba as colmenas. Cando tiña todo listo volveu á habitación onde se atopaban e viu que estaban por todas partes. Os gusanos escapáranse a pesar de que a bolsa estaba pechada. Corroborou que a bolsa estaba chea de buratos, e a única explicación era que os vermes os fixeran e escaparan por eles. Nese momento comezou o seu proxecto.

100 vermes de cera son capaces de biodegradar 92 miligramos de polietileno en 12 horas. Iso é moi rápido, tendo en conta que actualmente os procesos de degradación química son lentos, poden prolongarse meses e precisan de líquidos corrosivos como o ácido nítrico.

Esta investigación trata de identificar a enzima que permite a este insecto biodegradar o plástico para producila “in vitro” e usala a escala industrial. Os resultados do CSIC, en colaboración con Paolo Bombelli e Chris Howe, da Universidade de Cambridge, foron publicados o luns 24 de abril na revista Current Biology.


Bibliografía:

http://www.elperiodico.com/es/noticias/ciencia/gusanos-degradan-plastico-poliuretano-csic-5993887

http://www.elcorreo.com/bizkaia/sociedad/ciencia/201704/26/investigadora-csic-descubre-casualidad-20170425232059.html

http://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ciencia/2017/04/24/58fe33df22601d26338b4622.html

http://www.publico.es/ciencias/plastico-gusano-comeplastico-eliminar-planeta.html

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.