Unha perda máis grande que México

antartidaPublicáronse os resultados da extensión de xeo de principios deste ano obtidos grazas aos satélites tanto do polo Sur como do polo Norte e a verdade e que non empezamos con bo pé, pois este ano cumprimos un mínimo histórico.

O pasado 13 de Febreiro de 2017 os datos da extensión do xeo mariño Ártico e Antártico combinados encontráronse no seu punto máis baixo dende que os satélites empezaron a medilos nos anos setenta, o xeo polar total cubriu 2 millóns de quilómetros cadrados menos que a extensión mínima global promedio dos últimos 30 anos, en outras palabras, este ano perdeuse un anaco de xeo mariño máis grande que México con respecto a os peores anos, e México é moi grande.

graficos

Estes gráficos de liñeas representan as extensións de xeo mariño polar dos  últimos anos arriba o Ártico, en medio a Antártida e abaixo o total combinado global, como ves a Antártida aguanta bastante ben pero isto e grazas as correntes circumpolares  que manteñen o continente illado do resto das augas do planeta, pero o relevante está en que o total mundial vai decrecendo e se ven claros avisos da tendencia como os de principios de este ano que foron noticia.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía e etiquetada , . Garda o enlace permanente.