DI NON AO ACEITE DE PALMA

O aceite de palma é un aceite vexetal fabricado a partir da polpa dun froito vermello procedente da palma Elaeis Guineensis.

Dende hai tempo este aceite viuse altamente demandado pola industria, debido ó seu baixo custe. A palma crece unicamente nun territorio tropical. O seu cultivo intensivo está producindo que bosques tropicais sexan completamente destruídos en países coma Indonesia ou Malasia, isto repercute nunha serie de problemas.

Un destes problemas é a contaminación producida pola queima dos bosques para replantar as palmas, tan prexudicial é que leva consigo a produción de incendios forestais onde se producen enormes cantidades de emisión de CO2 á atmosfera (as cales son prexudiciais e incrementan o cambio climático) e emiten ó ano 1800 toneladas de emisión de gases de efecto invernadoiro.

Por outra parte está a protección destes cultivos que prexudican ás especies que entran nas plantacións, xa que son danados ben sexa polo uso descontrolado de pesticidas, disparos ou por contacto cun valado eléctrico. As especies da zona corren un perigo, o máis grave, a súa extinción. Ese é o caso por exemplo do orangután que depende dos bosques tropicais para sobrevivir, fálase que nunha década poderían chegar a extinción por completo, o mesmo pásalle ó tigre de Sumatra.

Hai outros casos dos que non se falan tanto como é o empobrecemento do solo, secas ou o  desprazamento das poboacións indíxenas, xa que eles e as súas vidas dependen dos bosques. Estes son o seu medio de supervivencia.

Mellorar a situación dos bosques tropicais,  previr a extinción  dalgunhas especies, e moitos problemas máis empeza nas nosa casas. Dende a miña opinión se reducimos ca un de nós o consumo de todos os produtos que levan aceite de palma empezaremos a mellorar a situación pouco a pouco, despois os países terían que poñer algún que outro acordo cas grandes multinacionais as que lles pertencen as plantacións e pouco a pouco todo irá a mellor.


 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta