BARREIRAS QUE REÚNEN LIXO

Un xove británico, Boyan Slat, tivo unha idea reveladora, en vez de perseguir o lixo nos océanos, por que non aproveitar as propias mareas, así aforramos enerxía e limpamos os océanos.

O proxecto “The Ocean Cleanup” consiste en poñer 5 barreiras amarradas ó fondo do mar nas cinco grandes correntes oceánicas.  A maioría das veces inténtase resolver o problema do lixo oceánico con métodos que ó mesmo tempo causan un impacto ambiental. Esta vez  atácase o problema ca axuda do propio medio.

Cada ano acaban nos océanos 8 toneladas só de plástico, as barreiras non van impedir que se tiren menos residuos, pero recollerán todos os residuos que vaian a parar nelas.

No ano 2016 instalouse unha barreira de proba no Mar do Norte, o primeiro sistema de limpeza no mar. O obxectivo desta barreira é probar se é óptima para as condicións do mar e probar a súa efectividade. Ten unha lonxitude de 100m e o seu prezo ascende a 1’5 millóns de euros.

O funcionamento de esta barreira consiste en recoller os residuos e ó mesmo tempo deixa pasar a auga, como unha cortina. Este sistema non prexudicaría á fauna mariña. Unha plataforma alimentada ó 95% de enerxía solar, extraería todos os residuos recollidos polas barreiras e finalmente serían reciclados en terra. Outra vantaxe que ten é a de usar enerxía solar para non danar ó medio ambiente.

O proxecto leva en marcha dende 2013, pero non será ata 2020 cando se instale a primeira barreira xigante, contará con 100km de lonxitude entre Hawai e California. Estímase que recollerá a metade da Gran mancha de lixo do Pacífico en 10 anos.


Bibliografía

El Mundo

Omicrono

Bbc

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta