PELIGRO DE ACIDIFICACIÓN

A acidificación dos océanos é debida o continúo descenso de pH. Causada pola absorción de dióxido de carbono antropoxénico dende a atmosfera.

A actual acidificación que se pode observar nos océanos do mundo debese as actividades humanas levadas a cabo dende a Revolución industrial e relacionadas directamente coa emisión de gases de efecto invernadoiro.  O IPCC (Intergovernamental Panel on Climate Change) concluíu que para estabilizar os niveis de CO2 na atmosfera en 350 ppm , as emisións mundiais deberían reducirse nun 85 % con respecto os niveis do 2000.

A acidificación do océano provocada polo cambio climático global  está alterando a biodiversidade mariña. Podemos notalo na mortalidade de larvas e bibalvos, incapaces de construír a súa cuncha pola baixa saturación de carbonato do mar e tamén nalgunhas   probas que se lle fixerón  os peixes que viven en augas acidificadas, dando como resultado que estos peixes  son menos capaces de detectar o olor dos depredadores que un que vive nun arrecife con augas normais.

As bacterias segun o CSIC, xogan un papel moi importante na saúde do ecosistemas mariños, degradando materia orgánica e sintetizando vitaminas imprescindibles para as algas e filantroplancton e outros organismos que habitan nos océanos. Despois de varias investigacións descubriuse que estas bacterias gastan demasiada enerxía para activar procesos bioquímicos e adaptarse as condicións máis ácidas dos océanos.

Isto poderíase evitar sempre e cando os países que mais producen co2 intentaran cambiar de modelo enerxetico ou intentar reducir os combustibles fosiles xa que son os que mais co2 producen isto favorecería tanto a desminución da acidificación como o quecemento global.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta