UNHA AVE CONTAXIOSA

Gallinas-camperas

Xa había tempo que  unha das enfermidades máis perigosas para as aves, non se presentaba por España, en concreto en Galicia. Esta enfermidade da que estamos a falar é a gripe aviar. Moitos a coñeceredes polo alto risgo que supón a todo tipo de aves pero tamén a algúns mamíferos, como poden ser a porcos.

Este ano como vos comentaba, a gripe aviar está afectando de novo a sectores como a gandería, en especial a aqueles que son produtores de ovos e adicados a crianza de polos de curral. Pero xa non só prexudica aos grandes sectores, se non que tamén supón unha perda para as persoas que particularme teñen as súas galiñas, ocas, gansos, patos ou incluso porcos sendo estes últimos unha gran preocupación, posto que se o porco enferma ou se contaxia,  xa non serviría para consumición.

Unha das zonas máis perxudicadas por este prolema, son aquiles  lugares que se encontren nos concellos de Cambados, Ribadumia ou Sanxenxo, por exemplo, que xa están comezando a tomar medidas sobre este asunto. Unha das medidas das que estan a tomar, é que cada persoa que teña aves de curral como as que se mencionarón anteriormente, teñen que ser declaradas nun papel que se pode recoller en cada concello que este afectado. Ademáis as aves deben estar pechadas para evitar maior risgo de contaxio ou propagación.

Cabe anunciar  por último, que esta  doenza e altamente perigosa tanto nalgúns animales, como comentabábamos, como tamén nas persoas, pode chegar ao punto de producir a morte. É unha enfermidade realmente perigosa, anque rara vez se contaxia a persoas.


 

BIBLIOGRAFÍA

http://www.muyinteresante.es/naturaleza/articulo/el-cambio-climatico-puede-aumentar-la-gripe-aviar

http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/690840/mas-de-30-concellos-gallegos-deben-censar-sus-gallineros-ante-un-eventual-foco-de

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/04/18/siete-concellos-zonas-especial-riesgo-llegada-gripe-aviar/0003_201704G18P24993.htm

http://elpais.com/tag/gripe_aviar/a

http://www.who.int/mediacentre/factsheets/avian_influenza/es/ (OMS)

www.un.org/es/influenza/topics/wild_birds.shtml

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ciencia e Sociedade, Medioambiente, Novas e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta