A ESTRUCTURA VIVA MÁIS GRANDE DO PLANETA MORRE DE CALOR

great_barrier_reef

Como todos sabemos o quentamento global prexudica en moitos aspectos ao noso planeta e os seres vivos que habitan nel.

Nestes últimos anos a estrutura viva máis grande do planeta comezou a sufrir grave perigo. Refírome a gran barreira de coral situada ao leste de Australia. Estas estruturas vivas son extremadamente sensibles, polo que o máis mínimo cambio no seu medio pode prrxudiciarlle e provocarlle estrés.

Nos últimos anos apreciamos que o océano subiu de temperatura o que está a dañar gravemente ao coral. A razón pola cal o coral é dañado ao subir as temperaturas é porque esto produce que as algas que habitan nel se desprendan del. Se esto se producise tan só durante un periodo curto de tempo e as temperaturas baixasen os danos serían mínimos porque as algas rehabitarían o coral. Pero a realidade de hoxe en día é que non é así, as algas non rehabitan o coral xa que a temperatura do océano sube ou mantense alta o que fai que o coral se branquee pola falta de osíxeno e protección que lle ofrecían as algas.

Este desastre ocorreu principalmente no verán pasado debido a unha ola de calor que alcanzou temperaturas record en Australia. Hoxe un 50% do arrecife está extremadamente branqueado e a maior parte do resto xa mostra síntomas de branquemento. A parte, nas últimas tres décadas xa perderamos a metade da cobertura coralina e os investigadores din que no desastre do ano pasado volveuse a perder a metade.

Todos estes danos non só teñen consecuencias para a barreira de coral, senón que tamén afectan a todo o medio que vive nela, tanto flora como fauna e a larga, se este proceso de desintegración do coral non se detén acabará desatando consecuencias tamén para Australia xa que a barreira suministra unha considerable cantidade de ingresos en turismo entre outras. Por ahora parece que este desastre vai a máis en vez de a menos, cousa que debería concienciarnos un pouco a todos. Non podemos provocar a completa desaparición do quentamento global pero sí temos capacidade para intentar diminuílo. Por que non so afecta e vai a afectar a barreira de coral senón que afecta e afectará a todo ser vivo sobre o planeta.


 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta