ASFIXIA POR MICROPLÁSTICOS

caderon

Recentemente, un estudo realizado pola WWF a tres especies diferentes de mamíferos mariños, mostrou que de forma anual aumenta a contaminación do mar Mediterráneo por culpa de residuos plásticos, o que provoca a aparición dos ftalatos (uns compostos químicos dos plásticos) na agua, e consigo, a acumlación destes residuos produce os microplásticos que son dañinos e absorbidos por calquer ser mariño provocando en casos extremos a súa morte debido a asfixia.

Este estudo analizou biopsias de tres especies diferentes de baleas (cachalotes, calderóns comúns e rorcuales comúns) que viven no Santuario de Pélagos, o área mariña máis grande do Mediterráneo na que estudan a protección e a reproducción dos cetáceos destes últimos 17 anos, que proporcionou información da extensión da contaminación plástica por todo o mar Mediterráneo. O estudo mostrou una alta contaminación dos cetáceos debido a os ftalatos, uns compostos químicos presentes nos plásticos que son tóxicos tanto para os seres humáns coma para os animais, ainda que nos empregámolos para moitos dos productos que utilizamos diariamente.

Hoxe en día a súa producción é de 3 millóns de toneladas o ano, pero o problema atópase coa entrada de residuos plásticos nos océanos diariamente (o redor de 4’8 e 12’7 toneladas en forma de ftalatos) e os residuos co efecto do sol e dos movementos das ondas o plástico transfórmase en partículas moito máis pequeñas de menos de 5mm, as que se denominan microplásticos. Estes microplásticos son consumidos polos seres vivos e chegan a provocar danos a longo plazo e que moitos falezcan debido a asfixia destes elementos.

Con isto, o mar Mediterráneo é clasificado coma a sexta rexión que contén maior acumulación de residuos plásticos cun promedio de 115.000 partículas microplásticas por km² flotando sobre as augas.

Deste xeito, quérese tratar de adoptar unas medidas para a mellora desta situación e insistir nas industrias, nos gobernos e as ciudades costeiras da retira do plástico que se acumule nas praias; e sen dúbida, insistir nos consumidores para reducir o consumo de obxectos plásticos e tras finalizar o seu uso, reciclalo correctamente.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta