En países como Estados Unidos, Reino Unido ou Suiza xa se mostra no etiquetado de algúns productos a súa pegada de carbono, mediante a cal os consumidores coñecen a cantidade de dióxido de carbono (CO2) emitida durante a súa fabricación, transporte e eliminación.
A pegada de carbono é a totalidade de gases de efecto invernadoiro emitidos por efecto directo ou indirecto, dun individuo, organización, evento ou producto, con esta información os consumidores poderán elixir así os produtos que menos impacto causaron ó medio ambiente producindo CO2, un dos principais gases de efecto invernadoiro (GEI).
Deste xeito recórdaselle á xente a gravidade do cambio climático e ademáis presiónase ás empresas para que ofrezan productos máis respetuosos co medio ambiente, sempre e cando se esforcen en reducir a súa pegada de carbono e demostralo nas súas etiquetas.
Dentro de estas vantaxes podemos topar algún inconvinte, como o que supón que a súa introducción obrigará a produtores e distribuidores a redeseñar os seus envases, e si non se fai de forma adecuada a información podería pasar desapercibida ou incluso confundir aos consumidores.
Bibliografía:
http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/urbano/2011/11/21/204911.php