O ACORDO DE PARÍS

O acordo de París é un tratado firmado en 2015 por 195 países de todo o mundo. O obxectivo de este programa era evitar o quentamento global, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera para que a temperatura non subise sobre a temperatura preindustrial, a cal actualmente superaa por máis de un grao.

Os puntos máis importantes tratados foron:

  • Manter a temperatura media por debaixo dos 2° C:

O principal obxectivo desde programa é limitar o aumento de temperatura a un máximo de 2 graos sobre a temperatura preindustial e, no caso de ser posible, rebaixala a 1,5 graos sobre a preindustrial.  Para obter este obxectivo é necesario diminuir a emisión de gases de efecto invernadoiro: aforrando enerxía, substituír os combustibles fósiles por enerxías renovables.

  • Como conseguir este obxectivo?

 Para reducir a temperatura sobre a preindustrial primeiro é necesario que esta chegue ao punto máis alto para despois poder chegar o equilibrio ente as emisións emitidas polo ser humano e o absorvido.

  • Revisión de compromisos:

 Cada cinco anos haberá unha revisión nos países para verificar ou informar sobre os avances de cada un. A primeira revisión celebrarase en 2025

  • Apoio:

 Os países desenvolvidos deben facilitarlle  $ 100 mil millóns o ano as nacións en desarrollo a partir de 2020 ata 2025, a partir de aquí establecerase un novo valor no que os países máis ricos non serán os que pagarán, senón que pagarán países de maneira voluntaria. Por outro lado, tamén os países deben axudar a países afectados polo quentamento global, como o desxeo dos glaciares ou o aumento do nivel do mar.

  • Transparencia: 

Os países deben informar dos seus avances. Cada cinco anos os países reuniranse para fixar máis obxectivos. Polo de agora os países que non cumpran os obxectivos adxudicados non serán sancionados.

En 2017 o presidente dos Estados Unidos: Donald Trump anunciou que este país saldría do acordo xa que para el sería “inxusto para a economía americana”. Isto suporá un problema xa que Estados Unidos está dentro dos cinco países que máis contaminación producen.

 

Dende o meu punto de vista, para que este obxectivo fose posible no primeiro lugar habería que establecer unha variante para os combustibles fósiles, xa que son as fontes de enerxía que máis contaminación producen. O seguinte punto sería que todos os países do mundo deberían estar dentro de este acordo, ou polo menos os máis desenvolvidos, e impoñer sancións a quen non cumprira os obxectivos acordados.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ciencia e Sociedade, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.