O CAMBIO CLIMÁTICO AFECTA ÓS OSOS POLARES

th5ONLAU9E

Máis ao norte do círculo polar ártico está Svalbard, un arquipélago noruego que foi base de baleeiros vascos séculos atrás. Alí o cambio climático estase notando máis que en outro lugar do planeta. Desde fai unha década, o ciclo anual do desxeo empeza cada vez antes e chega cada vez máis lonxe. Isto está afectando ao maior depredador do norte: os osos polares, incapaces de cazar focas, están substituíndoas por ovos de patos, gansos e gaivotas. O cambio climático trastocou a interacción presa-depredador, básica no ecosistema ártico. En un fenómeno que denominan amplificación ártica, esta rexión estase quencendo tres veces máis rápido que o resto do planeta e o quentamento é ainda máis acusado en Svalbard. Aquí hai xa 20 semanas menos de xeo das que había en 1979.

osutuÁs focas aneladas, a principal fonte de alimentación do oso polar en esta zona, o desxeo non parece terlles cambiado a vida. A falta do xeo mariño, seguen descansando e coidando das súas crías sobre anacos do glaciar. Pero parece que os osos polares non cazan tan fácilmente ás focas sobre este tipo de xeo. Máis do 90% da dieta dos osos polares está composta por mamíferos mariños, en especial varias especies de focas. Pero ese porcentaxe parece estar baixando por culpa do cambio climático e os osos estarían ampliando a súa dieta para compensar. O desxeo, os movementos dos osos e os ataques aos nidos parecen estar conectados. Cada ano a capa de xeo é menor e a estación xeada máis corta.

No Ártico canadense os ataques a niños multiplicáronse por sete desde 1980. Máis dun terzo das colonias de eider común, o pato máis grande e abundante nas rexións árticas, distribuídas ao longo de 1.000 kilómetros da costa norte de Canadá sufriron o cambio de dieta dos osos. N algunhas colonias e anos, perdéronse hasta o 90% dos ovos. Os osos poden provocar a extinción local de algunhas aves, sostén o investigador da Universidade de Windsor (Canadá), Cody Dey, que modelou o impacto do gran depredador sobre as colonias de aves. O drama é que tanto destrozo non servirá de moito. “Pode axudar a mellorar o estado dun pequeno número de osos, pero non axudará á población no seu conxunto. Simplemente hai demasiadas poucas aves e tan dispersas como para alimentar a os osos polares durante o verán”, conclue este biólogo.

 

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta