Plantar sen terra? Por que non?

Grazas a hidroponía podemos cultivar utilizando só auga. En realidade… a auga é o medio onde as raíces se desenvolven en vez de en terra pois os cultivos hidropónicos necesitan dos nutrientes que lle proporcionaría o solo.

Os principais elementos que deberemos proporcionar a un cultivo hidropónico a través da auga son o nitróxeno, o fósforo e o potasio. Aparte de estes tres principais elementos hai outros micronutrientes que tamén son iguais de necesarios pero en menos cantidade, como o calcio, azufre, ferro, magnesio… Grazas a suministrar os nutrientes de forma artificial podemos controlar a cantidade que necesitan as plantas e proporcionarlla na dose exacta, cousa que en un cultivo con terra sería máis difícil.

Este tipo de cultivos trae moitas vantaxes, sobre todo de cara o futuro:

  • Estimase que sobre o 2050 o 70% da poboación vivirá en cidades, este tipo de cultivos facilitaríalle a esa porcentaxe ter unha propia horta en un piso ou terraza.
  •  Son menos afectados polos fenómenos meteorolóxicos.
  •  Redúcense os costos de produción.
  •  Afórrase moitísima auga debido a que se reutiliza.

Como é un cultivo hidropónico?  Consta duns tubos conectados entre eles ou panel con buratos para as plantas. Por donde circula auga en un sistema de circuito cerrado e movida por unha bomba.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.