POR UN PLANETA LIMPO

Todos algunha vez, por non decir case sempre, cando imos ao supermercado collemos bolsas de plástico, que despois acabamos utilizando para meter o lixo, para gardar a roupa mollada despois de ir a praia…
Pero cando unha persoa tira unha bolsa de plástico ou calquera material de plástico ao chan, non sabe onde acabará, quizáis acabe nun recuncho da rúa, nun monte, ou moito peor, no mar.
E despois que pasa con eses residuos cando están no mar? Pois depende da “sorte” que se teña, xa que, pode acabar noutra praia, no fondo mariño ou enrrolado nun animal, inclusive sendo tragado por este.

Non nos estamos dando conta que se non paramos isto, dentro duns anos acabaremos vivindo entre residuos, xa que as bolsas tardan moitos anos en biodegradarse, o peor de todo é que é a nosa culpa.
Pero non sempre facemos as cousas mal, hai uns anos comezouse a cobrar entre tres e cinco céntimos por bolsa, tamén déronse a vender bolsas reutilizables. Moita xente utiliza as bolsas que xa na casa e así non mercar máis. Os máis creativos optan por facer manualidades cas bolsas e outros materiales de este tipo.

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.