UNHA SECA A NIVEL MUNDIAL

Resultado de imagen de escasez de agua

Auga, un recurso tan abundante nas nosas vidas diarias que semella inesgotable. Sen embargo, ó redor do 18% da poboación mundial (aproximadamente 1.100 millones de persoas) non teñen acceso a fontes seguras de auga potable. Estes casos ocorren sobre todo nos países en desenvolvemento, onde sobre 2.200 millóns de rapaces morren cada ano por enfermidades relacionadas ca falta de acceso da mesma; debido a que cerca do 50%  de suministros de auga que teñen estos países pérdense por fugas, vandalismos e conexións ilegais. Estímase que incluso a comezos do próximo século unha terceira parte da poboación terá escasez de auga de modo permanente. Así se sinala nunha investigación realizada por World Resources Institute na que explican que no 2040 a quinta parte do mundo padecerá recortes importantes no suministro da auga, con Oriente Medio como a rexión máis vulnerable.

Ranking dos países con máis escasez de auga

Os científicos resaltan que o problema non é a escasez en si mesma, senón a súa mala xestión, como poden ser actividades tan pequenas pero á vez perxudicias: deixar un grifo aberto ou lavar o coche (as cales consumen inmensas cantidades de auga). Outro factor é a súa contaminación provocada por microorganismos patóxenos,o petróleo, deterxentes sintéticos e fertilizantes, etc. A maioría da auga consumida mundialmente, concretamente o 70%, é destinada á utilización na agricultura.

España é un dos países de Europa que máis auga malgasta porque o prezo que se paga por ela é moi barato, o que conleva ao despilfarro da mesma. Os españoles consumen unha media de 165 litros por habitante ao día, sendo Castela a Mancha a rexión que máis consume mentres que Galicia e Baleares teñen os consumos máis baixos de todo o país.

Este consumo desenfrenado da auga en outros países desenrolados provocou cambios desastrosos no medio ambiente, como ocorre nos Estados Unidos, China e India que están consumindo auga subterránea con máis rapidez da que se repón. Como consecuencia ríos como O Colorado (no oeste dos Estados Unidos) e o Río Amarillo (na China) quedan con frecuencia sen auga antes de chegar á desembocadura no mar.

A falta de recursos tan fundamentales como é a auga non só provocan cambios mediambientais e de saúde nos seres vivos e fauna, senón que nun futuro  o aumento da demanda da auga podrá provocar guerras e loitas por este recurso que, pouco a pouco irá escaseando.


Bibliografía:

http://www.solociencia.com/ecologia/problematica-global-agua-problema-falta-agua.htm

http://www.nuevatribuna.es/articulo/medio-ambiente/el-agua-en-espaa/20110405102954052853.html

http://www.proyectopv.org/1-verdad/escasezagua.htm

http://www.fundacionaquae.org/wiki-aquae/el-agua-en-el-mundo/ranking-de-paises-con-escasez-de-agua/

https://prezi.com/ost59t0pe0rc/contaminacion-y-mal-uso-del-agua/?webgl=0

Esta entrada foi publicada en Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta