A SOBREPLANTACIÓN DOS EUCALIPTOS

Os eucaliptos son árbores procedentes de Australia, que foron plantadas nos últimos anos polo noroeste da Península Ibérica, ata ocupar aproximadamente unhas 396.000 hectáreas (o 65% da superficie galega).

Estas árbores crecen moi rápido, sobretodo na zona onde vivimos, porque o seu clima oceánico, con abundantes precipitacións, favorece esta especie, polo que se empregan para a creación de papel e materiais feitos con madeira. A súa extensión favorece á industria, por ela plantáronse unha gran cantidade, deteriorando e desidratando o terreo no que se plantan (xa que necesitan moita auga). Ademais, destrúense bosques de árbores autóctonas porque non se reproducen tan rápido e non están ó alcance do que a industria pide. Tamén os prados onde pastan os animais vense afectados, porque se usan para plantar eucaliptos; ó igual que os ríos, xa que as follas dos eucaliptos teñen peores propiedades que as das árbores autóctonas (como son os carballos, as faias, os castiñeiros…), e ó caer nos ríos, desintégranse máis lentamente, o que fai que se reduza a abundancia do caudal, e incluso que sequen de todo en verán, polo que tamén afecta ós animais, xa que moitos deles terían que emigrar a outros bosques, e no caso dos peixes, poderían acabar morrendo.

eucaliptoAsturias01 (1)

Algúns expertos din que os eucaliptos soportarían mellor un incendio que calquer outro tipo de árbores, mais os desastrosos incendios de outubro deste ano en Galicia que acabaron con 4.000 hectáreas de bosque (principalmente en Ourense, Vigo e na zona da Riveira Sacra) comproban que as zonas onde había eucaliptos plantados foron as máis afectadas, mentres que os terreos de carballos sufriron en menor medida esta catástrofe.

A maioría dos habitantes galegos piden que se faga unha reforma para que reduzan a plantación de eucaliptos, mais á maioría de políticos impórtalle máis a industria e os cartos en vez dos bosques, que cada vez están indo a peor por culpa da explotación.

A planificación actual da súa plantación data de 1992 e tiña unha vixencia de corenta anos. Neste momento non se veía ó eucalipto como unha ameaza. Sen embargo, a Lei de Montes de 2012 prohibiu plantar eucaliptos en terreo agrícola, nas marxes dos ríos e na proximidade ás casas, e tamén limitou o cultivo en Rede Natura (rede ecolóxica europea de conservación da biodiversidade).
Polo que Medio Rural e a Xunta de Galicia prohiben reforestacións e novas plantacións de eucalipto en bosques de árbores autóctonas.

Mais esta especie non só afecta a Galicia, tamén á maioría dos países que están en América do Sur , xa que dana os bosques ó igual que aquí. Ademáis, a gran produción de eucaliptos fixo que moitos pobos e aldeas tiveran que emigrar a cidades porque a industria necesitaba esas zonas para a plantación.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta